19 marzo, 2015

Entrega de premios Nós Tamén Creamos!

     O pasado día de 6 Marzo o alumnado participante no Plan Proxecta "Nós tamén creamos!" coa curta "A vaca Condesa", desprazouse ata Padrón á entrega de premios do certamen. Alí recibiron uns premios pola mención acadada e disfrutaron dunha pequena festa, sendo ademáis convidados a visitar a "Casa da Matanza", a casa museo de Rosalía de Castro. 

     Recollimos un diploma acreditativo, unha fermos bolsa con libros e un DVD para a Biblioteca e a CTRVG agasallounos cunha TV que enviarán ao Centro.

     Aquí tedes un pequeno resumo!


     Na páxina da Xunta apareceu a noticia, ata saímos na CRTVG e nos periódicos!
A foto correcta é esta.
A noticia contén erros, a editorial é OQO
 

     NORABOA AOS NOSOS NENOS POLO TRABALLO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario