27 xuño, 2014

Plan Proxecta: "Un conto con vida"



     Neste curso escolar, o Equipo de Biblioteca decidiu realizar un proxecto dentro do Plan Proxecta: Nós tamén creamos! Un programa da Consellería de Política Lingüística en colaboración coa editorial OQO e a CRTVG, no que o obxectivo éa realización dunha curtametraxe por parte do alumnado a partir dun libro, co fin de dar a coñecer o mundo audiovisual e a súa linguaxe.

     Como este ano, as actividades ían enfocadas á temática do ZOO, o libro escollido foi: "A vaca Condesa." Finalizado o proceso de creación e gravación da curtametraxe, que levou dende novembro ata maio; presentouse a curtametraxe ao concurso da CRTVG, donde a pesar de non gañar, o Centro recibiu a noraboa e unha especial mención á orixinalidade e creatividade na realización de personaxes. (MENCIÓN)

         Dende a Consellería pedíusenos expoñer a nosa experiencia en Santiago na xornada de formación do profesorado, oportunidade que non rexeitamos:


     A curta podese ver na páxina infantil da TVG, xunto ás outras realizadas polos diferentes centros. 

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-xoan-de-requeixo-a-vaca-condesa
Dalle ao cartel paraver a curtametraxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario