07 febreiro, 2014

Día da Paz

   O alumnado do Centro celebrou o 30 de xaneiro o día da Paz. O tempo non nos acompañou e tivemos que facelo no pavillón da escola e non ao aire libre como era o noso desexo.


   Os diferentes cursos realizaron nunha cortolina, na aula, un anaco dunha pomba que decoraron con estilo libre. Despois todos xuntos cantamos unha fermosa canción: "Los niños quieremos la Paz" de María del Carmen Molina y Rivero. A mestra de Ed. Musical ensaiou cos nenos e saiu moi ben.


   Tamén tivemos a visita de Televinte, a cadena local de Chantada, que emitiu a noticia xunto co CEIP Eloísa Rivadulla.



Ningún comentario:

Publicar un comentario