24 xuño, 2015

Fin de curso!


Baila con Laura

      "Baila con Laura" foi unha actividade levada a cabo pola alumna de 6º de Primaria neste terceiro trimestre coa colaboración da biblioteca. Na festa de fin de curso realizaron unha exhibición para toda a escola. MOI BEN!


23 xuño, 2015

Teatro na Escola. SEN VERGOÑA

    O último día de clase, a compañía teatral "SEN VERGOÑA", presentounos o seu espectáculo "PLANTARSE", unha obra chea de mensaxes para coidar o noso medio ambiente. Aquí tedes o marabilloso espéctaculo!


19 xuño, 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (Arte Urbana)

     A semana pasada, rematamos a derradeira sesión do noso proxecto. Neste trimestre os nosos artistas tiñan que usar os seus coñecementos para transformar aqueles lugares da nosa vila que non estiveran en bo estado, en lugares de arte, en arte urbana.
 
     Primeiro unha sesión inicial para explicarlles.



     Despois cada grupo tivo que facer as súas propostas na aula. Os alumnos de 3º realizaron unha carta que adxuntarían nun documento no que a portada foi feita polos nenos de 5 anos B. O documento foi entregada na Casa da Cultura de Chantada, no salón de plenos. Onde recibiunos o alcalde D. Manuel Lourenzo Varela.

     O RESULTADO FOI XENIAL! Estas foron as propostas presentadas ao Concello.





03 xuño, 2015

Sesión de curtas.

     Se queredes pasar unhas tardes divertidas, tomando uns flocos de millo no sofá, dende a biblioteca animamos a todos a ver as curtas deste ano do plan "Nós tamén Creamos!", para iso fai click no debuxo.

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos

29 maio, 2015

Carta.

    Estimados amigos:

   Como responsable dá Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Xoán de Requeixo, gustaríame darvos a TODOS as grazas por visitar a nosa exposición dos traballos realizados polos nosos alumnos.

    De xeito moi especial a todos aqueles que de palabra ou escribindo no noso libro de visitas, amosaron o seu cariño, ánimos, bos desexos e loanzas. Para min (o meu equipo seguro que tamén) fainos sentir, se cabe, aínda máis orgullosos do traballo, dedicación e ilusión amosada polos alumnos; porque eles son os verdadeiros artífices do seu éxito.

    Só me queda decirvos de novo GRAZAS.

    Un cordial saúdo.

    Jesús

19 maio, 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (Inaugurando a exposición)

     O pasado 11 de maio pola mañá, os Xanartistas saíron da escola cara a Casa da Cultura, a inaugurar a exposición de arte que amosa os seus traballos.


     Alí recibiunos o alcalde de Chantada D. Manuel Lorenzo Varela, que adicou unhas palabras e realizou xunto cos alumnos a inauguración; quedou moi soprendido polos traballos realizados e gustoulle moito, deixando a súa opinión no libro de firmas.


     Tamén os medios locais interesaronse pola exposición, o cal sempre é motivo de satisfación para nós, pois é unha nova oportunidade de sentirnos orgullosos do noso alumnado e familias.



    Agardamos sexa do voso gusto. GRAZAS POR VISITARNOS!